Podes ver a lista de todas as acampadas galegas e como seguilas nesta páxina: http://ir.gl/acampadas-galegas
Grazas a @eupiper, podes baixar aquí o .pdf do libro 'Indignádevos!' de Stéphane Hessel en galego: http://ir.gl/indignadevos

ASEMBLEA ABERTA


Dende este espazo web facemos un chamamento á mocidade galega para acudir a unha asemblea totalmente aberta co obxectivo de facer un movemento galego contra o actual estado de cousas.
O lugar e data da xuntanza, así coma a orde do día, non está fixado: será escollido por toda a xente que se vaia anotando.
Anótate en mexanpornosdicindoquechove@gmail.com ou no grupo "Mexan por nós" no Facebook.
Que escoiten a nosa voz!